I Xogos Ecuestres de Galicia - Do 11 ao 13 de Xuño de 2010

A 33ª Feira Internacional Semana Verde de Galicia, na súa nova orientación como certame multisectorial dirixido ao gran público e cun importante compoñente de lecer, acollerá os I Xogos Ecuestres de Galicia.

Estes Xogos, apoiados pola Federación Hípica Galega, constitúen un evento pioneiro en Galicia e excepcional pola súa nova formulación.

É a primeira vez que, baixo a denominación de Xogos Ecuestres de Galicia, agrúpanse 5 disciplinas hípicas distintas, cunha participación de 300 cabalos de distintos puntos de España en competicións oficiais.

Converteranse nun evento con gran atractivo tanto para profesionais como para afeccionados ao mundo ecuestre, ao que contribuirán as excelentes instalacións hípicas do recinto Feira Internacional de Galicia.