Doma Clásica - I Xogos Ecuestres de Galicia

Celebrarase o Concurso Nacional de Doma Clásica (categoría 1 estrela), puntuable para a clasificación do Campionato Nacional de Doma Clásica

Esta disciplina está considerada como unha das máis perfectas e armoniosas no mundo hípico, xa que permite mostrar a estes animais inmersos nun contexto que multiplica a súa beleza. O seu obxectivo é conseguir a perfección de movementos e o equilibrio do cabalo nos seus diferentes aires de paso, trote e galope, e que o animal se volva tranquilo e sumiso para poder alcanzar unha perfecta simbiose, logrando así comprender ao equino, á vez que se consegue un deporte fermoso.

Este deporte desenvólvese nunha pista especialmente deseñada en canto a tamaño e tipo de material utilizado, na cal cabalo e xinete, baixo a vista de xuíces oficiais, irán realizando para a súa valoración os exercicios correspondentes ao seu nivel de competición.

Neste concurso de categoría nacional tomarán parte xinetes procedentes de toda Galicia, así como doutras Comunidades que desexen a clasificación para o Campionato de España da modalidade. Estímase unha participación aproximada de entre 50 e 60 xinetes.