HORSEBALL (Sábado e Domingo)
O horseball é unha disciplina hípica en equipo onde homes e mulleres realizan un xogo con tácticas de baloncesto e rugby, establecendo para iso un binomio perfecto co cabalo e amosando aires de doma clásica, doma vaqueira… que se incorporan á práctica deste deporte.Nos I Xogos Ecuestre de Galicia celebrarase o Torneo “Feira Internacional Semana Verde”, no que competirán as selecciós galegas. A súa duración será de dous días e participarán 4 equipos, masculinos e femininos.
Os membros destes equipos presentan un gran palmarés ao teren participado nas seleccións absolutas de España, en competicións tan importantes coma a Copa do Mundo e o Campionato de Europa de Horseball.
Este deporte tan arraigado en Galicia xa celebrou competicións nas instalacións do recinto durante a celebración da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, obtendo un gran éxito de público asistente.






